Presentación

RIZOMA SOCIAL nace en 2015 polo pulo de diversas profesionais das ciencias sociais co gallo de se adicar principalmente á investigación social aplicada e á formación.

O noso campo de actuación é largo e diverso cunha especial atención a cuestións relativas ás condicións de vida das mulleres.
Os nosos servizos teñen unha fonda traxectoria nada da experiencia nos eidos da socioloxía e da antropoloxía da súa equipa en áreas como: consultoría, investigación, formación, proxectos, innovación, desenvolvemento, intervención, servizos editoriais, acción cultural, asesoramento ou transferencia do coñecemento.

Rizoma porque a vida responde a estruturas complexas non visibles nin obvias que hai que sacar á luz.

Social porque o noso compromiso é comprender e contribuír a un mundo máis igualitario no que sexa posible vivir mellor.

Nsr-slika-002
logo I